Monday 29 de April de 2024

Unha trintena de veciñas participaron en dous cursos de cociña en Ponte Carreira e Galegos


Un total de 29 veciñas de Frades, 16 de Galegos e 13 de Ponte Carreira, veñen de recibir os seus diplomas acreditativos de ter participado en sendos cursos de cociña, celebrados durante as tardes dos venres dos meses de febreiro, marzo e abril. Unhas clases nas que o alumnado aprendeu dende nocións básicas de manipulación de alimentos, de dietética e de nutrición, ata principios básicos de cociña e de repostería para poder elaborar pratos de carnes e aves, con peixes e mariscos, e con verduras e hortalizas.